martes, 29 de abril de 2008

FESTA DO 1º DE MAIO

Os/as Socialistas de Foz celebramos a Festa do 1º de Maio sempre con moita ilusión e alegría porque a sentimos de verdade. No noso pobo esta festa lévase facendo 18 anos e recordo no ano 1991 a un grupo reducido grupo de compañeiros e compañeiras no Bispo Santo, baixo unha pequena carpa sobre a que chovía debido o mal tempo que reinaba por aquela data. Era curioso ver aqueles/as vellos/as e novos/as, que empezabamos con tanta ilusión, contando anécdotas e escoitando ás persoas máis maiores do Partido Socialista Focense describindo as súas vivencias. Era apaixonante e nunca esquecerei aqueles momentos.

Agora esta Festa é máis grande, chega a moitos lugares da nosa provincia e un gran número de persoas de distintos lugares se desprazan a Foz todos os 1º de maio a cumprir coa tradición. Nós estamos moi contentos de que así sexa. Síntese a unión entre aquelas persoas que sempre fixeron do seu traballo o seu medio de vida, que sempre contribuíron a manter os valores en pé, e que sempre, coa dignidade que caracteriza os traballadores e traballadoras, viviron momentos de preocupación, de incerteza e de ledicia, algunha vez que outra.

Certamente, agora non facemos nós a comida porque non daríamos feito para tantos, pero non podemos esquecer que antes eramos nós, os compañeiros e compañeiras da Agrupación de Foz os que nos encargábamos desa tarefa. ¡Como esquecer as tortillas que cociñábamos nas nosas casas, os chicharros que asábamos no propio monte, o churrasco e tantas outras cousas co selo dos propios traballadores e traballadoras! ¿Lembrades? Ata alí levábamos o sentimento de traballadores e, en algún caso, nin sequera nos sentábamos á mesa para comer. Diciades: ¿quen vai facer o traballo? Pero as vosas caras amosaban ledicia, notábase que estabades a gusto por pasar un día feliz dentro da humildade que sempre nos caracteriza. Ademais tamén estaban ao noso carón os/as nosos/as fillos/as, que daquela tiñan unha media de 4 ou 6 anos, e hoxe pasan xa dos vinte. Era algo grande o que acadábamos, o compañeirismo era grandioso, total. Por favor, compañeiros/as, non perdades esas lembranzas tan fermosas.

Ás veces escoitamos a personaxes, que realmente non merecen nin sequera a nosa atención, chamarnos a atención por celebrar o 1º de maio. Din que nos apoderamos de non saben nin eles mesmos de que. Estes resabiados non merecen a nosa atención, nin foron ,nin son, nin serán nunca traballadores, son distorsionadores da realidade e viven escondidos, lanzando dardos envelenados para intentar esmagar á xente de ben. A estas persoas témolas que combater con máis traballo e máis accións boas que redunden no beneficio dunha grande maioría de traballadores e traballadoras deste país.

Para rematar, dicir: ¡Viva o 1º de Maio! Como sempre, vémonos en Foz. E desde aquí traballamos para que se acade a estabilidade laboral, empregos de calidade, e que non se perda de vista a aquela xente que menos ten, e que necesita de todos/as nós para darlles un emprego, apoio e comprensión.

lunes, 28 de enero de 2008

AUTOVIA

Estimados amigos e amigas:

No último Blog falabamos de que me remitíades ó Concello respostas acerca do que escribo na páxina do PSOE, e cando solicitei que o fixérades á páxina do partido novamente me volven á miña páxina do Concello, preguntei ós responsables da páxina do Partido Socialista de Foz e o caso e que tíñamos problemas con Internet e a configuración da páxina, polo que rogo me disculpedes.

Hai unha persoa que me pide que lle fale da Autovía do Cantábrico e me dice que ante a guerra de datos que se están a dar, conte a miña opinión, a cal relatarei sen ningún problema.

A Autovía do Cantábrico nace como o seu nome indica pegada á costa Cantábrica e a razón polo que os Gobernos do PP no seu momento tomáron a decisión de desviala en Barreiros cara a Bahamonde é sinxela, había tres alternativas; unha que ía desde Vegadeo a Meira enlazando coa A-6, outra de Barreiros a Bahamonde e outra de Barreiros a Ferrol pola costa. Visto así o tema, as forzas políticas manifestan a disconformidade dado a que é certo que o enlace con Bahamonde é moi interesante pero non é máis certo que tamén é necesario facer o enlace con Ferrol.

Cando entra o Goberno de Rodriguez Zapatero no ano 2004, non existe nin un só metro de autovía construido en territorio galego nin tan siquera licitado, é máis, o Sr. Alvarez Cascos no 2004 ten que alquilar unha finca en Ribadeo para o paripé de poñer a primeira pedra, recordaredes a comedia e os comentarios daqueles días, polo tanto quen licitou e contratou todos os tramos do territorio galego foi o Goberno Socialista do Sr. Rodríguez Zapatero, por certo todos excepto o de Mondoñedo que está autorizado licitar polo Consello de Ministros e aínda non se fixo porque existe un cambio de trazado, pero os cartos están asignados.

¿Cómo están os tramos nestes momentos? Abertos Ribadeo-Reinante, Vilalba-Bahamonde en pouco tempo conectarase coa A-6, e o resto en obras salvo o caso de Mondoñedo polo que vos comentei anteriormente.

¿Cómo se demostra o que eu digo? Moi fácil non hai máis que ir ó Boletín Oficial do Estado (BOE). A maiores o que é verdadeiramente chocante é que o PP en OITO ANOS DE GOBERNO foi incapaz de facer un só metro e agora di que van lentas.

Outro día falamos do Corredor que une Barreiros-San Cibrao, por certo imos a chamarlle como lle chama o Ministério de Fomento. Autovía.

Amigo Carlos gracias polo teu apoio, fíxome gracia o que decías do invisible, que puxo o plato de berberechos no seu blog, menudo culepe levou, fíxonos propaganda a favor, sinceramente repito o que dixen moitas veces, a estes hai que ignoralos, teñen a maldade no corpo, e nós temos moito de que falar sin ocuparnos de mentes enfermas, dices que son valiente ó crear o blog do Secretario Xeral e poñerme ó fronte do mesmo, pero eu penso que debe ser así, dar a cara sempre.

Sº Xeral, 28.01.08

miércoles, 16 de enero de 2008

PRIMEIROS PENSAMENTOS DO ANO

Quero dende a nosa paxina web enviar un caluroso saúdo de felicidade polo novo ano que acabamos de empezar.
Dende logo o Partido Socialista sempre se entrega ó seu traballo con forza e ilusión e así podemos ver como no noso concello, a inversión realizada no ano 2007 foi a mellor da historia de Foz, efectivamente na xestión sempre se producen erros e acertos que sin dúbida ten que haber, dado que os xestores non son perfectos, somos persoas humáns que soemos equivocarnos, pero sin mala fé ou mala intención.

Últimamente moitos de vós enviádesme mails ó correo electrónico da alcaldía ou simplemente manifestádesme pola calle a vosa preocupación por un blog de internet que día si e día tamén estase a meter e a falar mal, moi mal, do alcalde, ou sexa da miña persoa chegando incluso a meterse coa miña propia familia.
Pero como xa dixen en outra ocasión, son persoas anónimas, escondidas nunha cobardía infinita e sin precedentes, que o único que persiguen e facer dano por facelo, tal vez sexa porque non conseguiron do alcalde as prebendas que perseguían e aínda que este tipo de persoas é mellor ignoralas vades a permitirme que me dirixa a eles un minuto, aínda que eles se crean no anonimato sabemos perfectamente quenes son, andan como tolos buscando a acusación falsa ó alcalde xa que de ser verdadeira para algo existen os xulgados onde acudir si tes no teu poder algo denunciable, así que todo son falacias e máis falacias de persoaxes que penan coma a Santa Compaña para conseguir esa "foto denuncia" coa que rellenar o seu infame blog escondéndose para conseguila entre os asientos de coches aparcados e tonterías da maneira, aínda que tarde ou cedo terán que unirse a tódolos demócratas, algo que neste momento lles costa.
¿Cando se darán conta que as cousas pódense decir libremente á cara, que estamos en DEMOCRACIA? Tal vez a algúns deles lles coste entender o significado da palabra aínda que de min digan que son dictador, e antidemocrático, por favor señores.
É por esto que vos pido que todas cantas opinións, cartas sobre este tema ou outros que pululan por Foz os enviedes a esta páxina, para con respeto e toleráncia poidamos debatir libremente.Tamén estan os foros donde deixar as vosas consultas, opinións, suxerencias todas elas serán benvidas.
Pero sin dúbida ningunha son os cidadáns de Foz os que se merecen que sigamos a traballar como cada día por eles, con forza, ilusión, seriedade e transparencia.

Cambiando de tema, fai uns días recordábamos ó Poeta Noriega Varela, con un acto sencillo á vez que emotivo. Empezaron estes actos con charlas sobre o poeta polas parroquias a cargo do Cronista Oficial, Suso Fernández. O poeta foi mestre na "Escuela de Fondós" hoxe reconvertida en Gardería Infantíl, é por isto que o acto principal na Vila foi o de descubrir unha placa conmemorativa en debandito lugar ás 17.30 horas do Domingo 30 de Decembro.
Naceu Noriega Varela aló polo 1869 recalado en Foz de 1904 a 1911 de donde foi desterrado a Calvos de Randín (Ourense). Foz honrou ó poeta coa colaboración moi activa dos familiares de Noriega, pero temos que agradecer ós organizadores deste acto xa que o noso concello non pode perder nunca de vista a súa historia e iste acto ven a recordárnola. A este acto uníronse os grupos políticos con representación no concello,así como a da Diputación Provincial, amén do numeroso público asistente.

Seguiremos cambiando opinións neste recén estreado ano.
Deicalogo.