lunes, 28 de enero de 2008

AUTOVIA

Estimados amigos e amigas:

No último Blog falabamos de que me remitíades ó Concello respostas acerca do que escribo na páxina do PSOE, e cando solicitei que o fixérades á páxina do partido novamente me volven á miña páxina do Concello, preguntei ós responsables da páxina do Partido Socialista de Foz e o caso e que tíñamos problemas con Internet e a configuración da páxina, polo que rogo me disculpedes.

Hai unha persoa que me pide que lle fale da Autovía do Cantábrico e me dice que ante a guerra de datos que se están a dar, conte a miña opinión, a cal relatarei sen ningún problema.

A Autovía do Cantábrico nace como o seu nome indica pegada á costa Cantábrica e a razón polo que os Gobernos do PP no seu momento tomáron a decisión de desviala en Barreiros cara a Bahamonde é sinxela, había tres alternativas; unha que ía desde Vegadeo a Meira enlazando coa A-6, outra de Barreiros a Bahamonde e outra de Barreiros a Ferrol pola costa. Visto así o tema, as forzas políticas manifestan a disconformidade dado a que é certo que o enlace con Bahamonde é moi interesante pero non é máis certo que tamén é necesario facer o enlace con Ferrol.

Cando entra o Goberno de Rodriguez Zapatero no ano 2004, non existe nin un só metro de autovía construido en territorio galego nin tan siquera licitado, é máis, o Sr. Alvarez Cascos no 2004 ten que alquilar unha finca en Ribadeo para o paripé de poñer a primeira pedra, recordaredes a comedia e os comentarios daqueles días, polo tanto quen licitou e contratou todos os tramos do territorio galego foi o Goberno Socialista do Sr. Rodríguez Zapatero, por certo todos excepto o de Mondoñedo que está autorizado licitar polo Consello de Ministros e aínda non se fixo porque existe un cambio de trazado, pero os cartos están asignados.

¿Cómo están os tramos nestes momentos? Abertos Ribadeo-Reinante, Vilalba-Bahamonde en pouco tempo conectarase coa A-6, e o resto en obras salvo o caso de Mondoñedo polo que vos comentei anteriormente.

¿Cómo se demostra o que eu digo? Moi fácil non hai máis que ir ó Boletín Oficial do Estado (BOE). A maiores o que é verdadeiramente chocante é que o PP en OITO ANOS DE GOBERNO foi incapaz de facer un só metro e agora di que van lentas.

Outro día falamos do Corredor que une Barreiros-San Cibrao, por certo imos a chamarlle como lle chama o Ministério de Fomento. Autovía.

Amigo Carlos gracias polo teu apoio, fíxome gracia o que decías do invisible, que puxo o plato de berberechos no seu blog, menudo culepe levou, fíxonos propaganda a favor, sinceramente repito o que dixen moitas veces, a estes hai que ignoralos, teñen a maldade no corpo, e nós temos moito de que falar sin ocuparnos de mentes enfermas, dices que son valiente ó crear o blog do Secretario Xeral e poñerme ó fronte do mesmo, pero eu penso que debe ser así, dar a cara sempre.

Sº Xeral, 28.01.08

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Non é normal o que orquestan estes que andan sacando fotos por foz. Pero ainda por riba lles gusta sacar punta a todo, hasta a festa do berberecho a cal hai que recoñecer que estivo ben traballada e deulle ambiente ó pobo. En fin...

Anónimo dijo...

Hola Sr. Rivera son de Ribadeo e quería dar a miña opinión respecto do acerto da realización destas festas gastronómicas como a do seu pobo, a do percebe de Rinlo, a do bonito de Burela ou a do ourizo de San Cibrao... Esto une os pobos porque anima a coller a familia, amigos e pasar un bon dia entre xentes de todolos recunchos do país. Estes eventos unen lazos entre pobos. Hai que seguir. Noraboa Alcalde

Anónimo dijo...

todo marcha con estos muchachos non se perde a tradición. contentos de que sigades asi. Eugenio